Crónica

O Real Madrid leva media Liga de Balaídos

Celta de Vigo e Real Madrid medíronse esta noite no Municipal de Balaídos, no encontro aplazado por motivo do temporal que sacudiu Galicia aló polo mes de febreiro. O conxunto branco deu un paso de xigante para a consecución do título nacional trala victoria acadada ante o Celta, cun resultado de 1-4 a favor. Cristiano marcou os dous primeiros tantos do partido e, tras o gol de GuidettiBenzema Kroos ampliaron a ventaxa dos madridistas nun partido no que o árbitro, Munuera, foi protagonista con decisións polémicas.

Horas antes do partido coñecérase a noticia de que Apelación decidira quitarlle o cartón amarelo a Nacho, polo que o defensa atopábase dispoñible para Zidane. Sen embargo, o técnico francés decidiu apostar por Danilo e finalmente xogou este no lateral dereito, xunto co resto do once de gala do Madrid. Pola súa parte, Berizzo alineou aos xogadores de Old Trafford, coa variante de Jozabed por Radoja, quen arrastraba unhas pequenas molestias.

PRIMEIRO TEMPO:

Escoitouse minutos antes do partido o Himno de Galicia, pola conmemoración do Día das Letras Galegas, moi emotivo e cantado a capela polos afeccionados galegos. Tralo saque incial comezara o encontro dun xeito fulgurante, cun córner antes do primeiro minuto provocado por Danilo. O Celta respostou dun xeito rápido por medio dunha contra liderada por Iago Aspas, un dos nomes propios do encontro. Estableceuse un estilo de xogo directo por parte dos dous equipos e sen dominio claro de ningún. Benzema atopábase moi activo e moi pronto creou perigo, cunha boa internada dentro da área que acabou cun pase que non atopou rematador.

Os locais estaban dominando a pelota, mais, cando menos o esperaban, chegou o gol do Madrid. No minuto 10 o balón caía en banda para Marcelo, que meteu un bo balón para a carreira de Isco. Este caracoleou no borde da área e acabou topando con Roncaglia, quen lle fixo unha entrada deixando o balón solto na frontal. Recibiu Ronaldo e, sen pensalo dúas veces, lanzou un zurdazo imparable para Sergio. A pesar do golpe recibido, o Celta non se amedrentou e seguiu co control do esférico, provocando un retrouso na actitude do rival. Probou sorte Jonny no minuto 13 cun disparo que atrapou Keylor sen problemas.

O Celta seguiu buscando a portería do conxunto branco con centros e xogadas por banda. Malia non atopar o gol, o dominio era do equipo vigués. O Madrid, neses intres, centraba o seu ataque nas contras, con balóns largos para as carreiras de benzema e compañía, mais a defensa celeste estaba atenta ás internadas dos merengues. No minuto 25 unha boa xogada do Celta finalizou nun disparo alto de Sisto, a pesares de ter un pase claro a Jozabed, que foi obxecto da recriminación dos seus compañeiros. A resposta do equipo visitante non tardou e Isco puxo un centro milimétrico para Ronaldo, pero chegou Roncaglia ‘in extremis’ para cortar o balón antes de que o dianteiro luso rematara a porta baleira.

Isco, un dos xogadores máis activos do partido, nunha disputa con Daniel Wass. (@carrusel)

O primeiro cartón do partido foi para Casemiro (minuto 30), por unha entrada a Sisto no borde da área. Unha falta moi perigrosa que lanzou Daniel Wass cun duro golpeo, característico do danés, e que puido despexar Keylor cos puños. O balón quedou morto e casi chega Roncaglia, mais a xogada quedara invalidada por previo fóra de xogo. Seguían a intentalo os de Berizzo con disparos lonxanos e xogadas elaboradas, sendo Aspas un dos que máis buscou o gol.

Preto do descanso recibiu o cartón amarelo o de Moaña (minuto 38), por protestas reiteradas ó árbitro. O galego viña reclamando unha man de Varane dentro da área. As repeticións deixaron claro que a man existiu, polo que debeu ser amonestado, mais non foi dentro da área madridista. E así chegou o descanso, cun Celta claramente superior pero menos efectivo, que lle permitía ao Real Madrid irse cara os vestiarios de Balaídos cunha ventaxa dun gol.

SEGUNDO TEMPO:

Reanudouse o partido coa mesma intensidade coa que finalizara a primeira parte. A piques estiveron os celtiñas de poñer o empate no marcador e chegou, de novo, unha contra letal dos merengues. Recibía o balón Isco no medio campo e, tras marcharse do Tucu e Jonny, poñía un pase perfecto para Cristiano, quen batía de novo ao porteiro de Catoira cun disparo raso e pegadiño ao poste dereito. A partir do gol, os de Zidane comezaron a defender cunha liña de catro e outra de cinco, con Benzema como única referencia.

E como non podía ser doutro xeito, o árbitro do encontro foi protagonista por unha decisión moi polémica. No minuto 60 do partido Aspas caía na área de Keylor tras derribo de Ramos, o contacto foi claro e Munuera interpretou que Iago Aspas se tirara, sacándolle a este o segundo cartón amarelo. Na seguinte xogada era Cristiano o que caía na área celeste e Munuera non pitou nada, mais tampouco decidiu sacarlle a tarxeta ó de Madeira. Dúas xogadas que ben puideron cambiar o resultado e, por conseguinte, o desenrolo da competición. A decisión do colexiado provocou un cabreo xeneralizado da grada e da plantilla do Celta, que remataba con amarela para Jonny e expulsión de Maruzzi, segundo adestrador dos conxunto celeste.

A partir de esa xogada o partido púxose feo e o fútbol, desgraciadamente, pasou a un segundo plano. Unha falta de Casemiro ao borde da súa área acabou con tarxeta amarela para Guidetti e logo chegaría un paradón de Keylor a tiro de Wass cando xa se cantaba o gol. Pouco despois, chegou o gol do dianteiro sueco de Celta (minuto 69), quen tivo fortuna, pois o seu disparo tocou en Ramos e acabou entrando na portería. A ilusión volvía ás gradas e os xogadores crían nunha remontada épica. A alegría durou ben pouco pois, un minuto máis tarde do tanto local, Benzema anotaba o terceiro do seu equipo tras un moi bo pase de Marcelo en liña de fondo, que lle deixou en bandexa o gol. O 1-3 foi un mazazo para o Celta e un golpe na consecución da LigaSantander.

No minuto 71 chegaban os primeiros trocos. Por parte dos visitantes retirábase Casemiro e entraba o croata Kovacic. Nos locais incorporábase Marcelo Díaz por Jozabed. Máis tarde, Hugo Mallo provocou unha falta pola que lle botaron o cartón amarelo e fai que se perda o último da tempada fronte á Real Sociedade. Unha das xogadas máis incríbles da noite protagonizouna Cristiano Ronaldo quen, con todo a favor para facer o hat-trick, errou ante Sergio mandando o balón fóra dos tres paus. A partires do gol sucedéronse as ocasións do Madrid, pois notábase a superioridade numérica e física dos de Zidane, que ben puideron ampliar a ventaxa no marcador.

Xa na recta final formouse unha tangana que rematou con varios amonestados. Tras isto aproveitou Kroos para facer o 1-4 defintivo, logo dun recorte magnífico. Puideron ser máis goles, nos dous bandos, pero a cosa acabou así. O Real Madrid ponse lider da Liga Santander e da un golpe case definitivo polo título, pois con puntuar na Rosaleda acadará o seu trixésimo terceiro campionato nacional. O Celta acabará a tempada en Balaídos, fronte á Real.

FICHA TÉCNICA:

Estadio: Municipal de Balaídos (22838 afeccionados).

Aliñación do Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Jonny; Tucu, Jozabed (Marcelo Díaz 72′), Wass; Sisto (Pape 80′), Aspas, Guidetti (Beauvue 86′).

Aliñación do Real Madrid: Keylor; Danilo, Varane, Ramos, Marcelo; Casemiro (Kovacic 71′), Modric, Kroos, Isco (Lucas 84′); Cristiano (Asensio 84′), Benzema.

Árbitro: Marínez Munuera. Amonestou a Casemiro (30′), Aspas (38′ y 62′), Jonny (64′), Guidetti (66′), Hugo Mallo (73′), Tucu (85′) e Ramos (85′).

Incidencias: Hugo Mallo perderase o próximo partido de liga por acumulación de tarxetas e Iago Aspas por dobre cartón amarelo.

Imaxe destacada: @laliga.

Seguídeme en @david_sesar e seguide toda a información e actualidade deportiva en @sextoanillo, en www.facebook.com/sextoanillo e no noso instagram: sextoanillo.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *